BFClimatech

Ecosistema

Promoción: a Xunta de Galicia a través do IGAPE, GAIN e Xesgalicia, promove BF ClimaTech aportando recursos para o seu funcionamento e para o desenvolvemento dos proxectos participantes, así como o marco estratéxico do que xurde e a responsabilidade da súa gobernanza.

Xestión: Viratec, o Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular, constitúe o Equipo Xestor do programa, responsable de todas as operacións e servizos que o conforman, e de coordinar a todas as entidades participantes.

Perspectivas sectoriais: empresas interesadas do sector das solucións ambientais e da economía circular, así como de outros sectores produtivos relacionados, en conxunto con centros de coñecemento e entidades especializadas en investimento, ocúpanse de definir os retos e de axudar aos proxectos a cumprir os seus obxectivos a través da mentorización e unha oferta de recursos e servizos.

Consello Executivo

O Consello Executivo de BF ClimaTech está composto pola Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Axencia Galega de Innovación (Gain) e a Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Pechado (XesGalicia), xunto ao Clúster de Solucións Ambientais e Economía Circular (Viratec), que ostenta a máxima responsabilidade do programa.

Consello de Entidades

O Consello de Entidades, conformado por empresas tractoras e outras organizacións como centros de coñecemento e entidades especializadas en investimento, representa o interese do sector das solucións ambientais e a economía circular e doutros sectores relacionados.

Empresas tractoras

BF ClimaTech conta coa participación de empresas e entidades públicas e privadas relacionadas coas tecnoloxías e solucións ambientais de Galicia,  que achegan coñecemento, dedicación e recursos, tanto á dinamización da aceleradora como á mentorización dos proxectos participantes.

Entidades cientificas

BF ClimaTech conta co respaldo dun Comité Científico que achega un enfoque especializado na avaliación de proxectos, garantindo que as iniciativas seleccionadas sexan viables, innovadoras e aliñadas cos retos globais da aceleradora. Ademais, proporciona acceso a infraestruturas avanzadas de investigación.

Investidores

BF ClimaTech conta co respaldo de grupos e fondos de investimento privados que proporcionan non só o apoio económico para o desenvolvemento dos proxectos, senón acceso a redes estratéxicas, recursos especializados e asesoramento personalizado para potenciar a súa consolidación e escalado.