BF ClimaTech é un programa que serve para minimizar o período de desenvolvemento e maximizar as probabilidades de éxito de proxectos de emprendemento innovador que ofrezan novas propostas no sector ambiental e sectores relacionados.
Para garantir que responde ás necesidades do mercado e que, así, os proxectos atopen demanda para os seus produtos e servizos, BF ClimaTech reúne ao sector para definir uns retos cos que dirixir cada unha das convocatorias. Estes retos son a expresión de necesidades concretas de segmentos de mercado específicos.
O programa está impulsado pola Xunta de Galicia e por Viratec, o Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular, e conta coa participación das empresas do sector, así como de centros de coñecemento e entidades de inversión.
BF ClimaTech estrutura os seus servizos de apoio aos proxectos participantes en tres itinerarios diferenciados: incubación, aceleración e consolidación.
Estes itinerarios están deseñados para que os proxectos acaden as metas que correspondan en función do seu grao de desenvolvemento: desde a definición da proposta de valor, en incubación; pasando pola xeración dun produto ou servizo mínimo viable e a súa validación con clientes, en aceleración; ata a sistematización e expansión do seu modelo de negocio, en consolidación.
Incubación
Este itinerario diríxese a proxectos que teñan a necesidade de definir a súa proposta de valor, sexa un produto ou servizo. En liñas xerais, estrutúrase nos seguintes pasos:
Aceleración
O itinerario de aceleración destínase a proxectos con necesidade de xerar un produto ou servizo mínimo viable e de confirmar a súa proposta de valor cunha primeira venda ou caso de éxito. Estrutúrase nas seguintes fases xerais:
Consolidación
Este itinerario resérvase a proxectos que necesiten sistematizar o seu modelo de negocio e acrecentar a súa capacidade de xeración de valor en termos de negocio e económico-financeiros. En xeral, estrutúrase como segue:
Saída comercial
BF ClimaTech especializase en lograr que os proxectos participantes se integren e consoliden a súa posición no sector ambiental, así como en sectores conexos, tanto en Galicia como nos ámbitos nacionais e europeos.
Mentorización
Cada un dos proxectos participantes conta cun mentor específico pertencente a unha das empresas tractoras de BF ClimaTech.
Formación
Ponse ao dispor dos proxectos participantes un programa de formación que se deseña caso por caso, segundo as necesidades concretas de cada un no relativo á adquisición de novas capacidades críticas.
Internacionalización
Os proxectos participantes dispoñen de oportunidades de introdución en mercados exteriores e reciben axuda para definir a súa vía de internacionalización.
Servizos e infraestruturas
Os proxectos participantes teñen acceso ao catálogo de infraestruturas e servizos do sector das solucións ambientais e a economía circular en Galicia.
Titorización e coaching
Atendendo ás súas necesidades concretas, cada un dos proxectos participantes recibe a guía dun titor experimentado en emprendemento e de coaches especializados en aspectos clave.
Financiación
Todos os proxectos participantes poden empregar instrumentos de financiamento específicos e recibirán apoio para o acceso a fontes de financiamento adicionais públicas e privadas.
Networking
Os proxectos da BF ClimaTech teñen á súa disposición unha extensa rede de contactos que se dinamizará mediante eventos específicos cos que enriquecer as súas respectivas axendas e facilitar o seu crecemento.
Os retos foron deseñados para abordar as prioridades estratéxicas no ámbito das solucións ambientais e a economía circular, así como noutros sectores relacionados. Expresan as necesidades e expectativas de innovación das empresas e entidades que participan en BF ClimaTech, como representantes do conxunto do sector.
Á súa vez, os desafíos son problemáticas concretas das empresas tractoras do programa que encaixan nalgún desos retos e que se presentan como exemplo. Así, enmarcado no reto correspondente, cada un deses desafíos expresa unha necesidade de colaboración cun proxecto de emprendemento innovador dunha empresa en particular, pero igualmente poden levarse a cabo outras iniciativas.
Como impulsar a competitividade do sector primario mellorando o seu desempeño ambiental e circularidade?
Algunhas temáticas incluídas neste reto son as seguintes:
Exemplos de Desafíos propostos para este Reto:
Como garantir a dispoñibilidade de materias primas críticas e promover modelos produtivos circulares e eficientes?
Algunhas temáticas incluídas neste reto son as seguintes:
Exemplos de Desafíos propostos para este Reto:
Como mellorar o desempeño ambiental do ciclo integral da auga?
Algunhas temáticas incluídas neste reto son as seguintes:
Exemplos de Desafíos propostos para este Reto:
Como promover a circularidade do sector téxtil en todas as súas fases?
Algunhas temáticas incluídas neste reto son as seguintes:
Exemplos de Desafíos propostos para este Reto (SOGAMA):
¿Cómo minimizar las emisiones y el consumo de recursos en los materiales y procesos constructivos?
Algunhas temáticas incluídas neste reto son as seguintes:
Exemplos de Desafíos propostos para este Reto (GESTÁN CONTECO):
¿Cómo crear espacios urbanos y comunidades más saludables, resilientes y circulares?
Algunhas temáticas incluídas neste reto son as seguintes:
Exemplos de Desafíos propostos para este Reto:
Como utilizar Tecnoloxías Facilitadoras Esenciais para impulsar unha economía eficiente e de baixas emisións?
Algunhas temáticas incluídas neste reto son as seguintes:
Calendario