BFClimatech

Participantes da I edición da BF ClimaTech asisten a unha formación sobre o funcionamento dos programas de financiamento público

Publicado o 15 Xaneiro 2025

Esta mañá, participantes da I edición da BF ClimaTech asistiron a unha formación sobre as oportunidades do financiamento público e como é o funcionamento dunha convocatoria en concorrencia competitiva, no Biopolo Sionlla de Santiago de Compostela.

A xornada empezou cunha formación titulada ‘Guía Práctica para Aproveitar Oportunidades de Financiamento Público’, impartida por Iliyana Yordanova, consultora senior en fondos e proxectos europeos en NTT DATA. Nela, os asistentes coñeceron os principais programas europeos, nacionais e rexionais, ademais de consellos técnicos para xestionar as axudas públicas unha vez concedidas.

A continuación, realizaron un taller na que aprenderon a preparar unha memoria técnica exitosa #ante unha convocatoria en concorrencia competitiva.

A xornada finalizou cunha mesa redonda centrada no ‘Ecosistema de financiamento público e axudas en Galicia. Casos de éxito’ na que participaron Isaac Miguel Rosón Sánchez-Brunete e Patricia López Quintiá, director e subdirectora da área de Innovación Empresarial do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), e Adrián Senar Tejedor, CEO e cofundador de Kreios Space.