Publicado o 28 Marzo 2025
A Business Factory (BF) ClimaTech é a aceleradora do sector ambiental e sectores conexos, impulsada pola Xunta de Galicia y Viratec, Clúster Galego de Solucións Ambientais e a Economía Circular.
Conta coa participación de empresas do sector, así como de centros de coñecemento e entidades de investimento. O seu propósito é dar lugar a solucións e tecnoloxías que teñan un impacto positivo no medio ambiente apoiando a proxectos de emprendemento innovador, e a súa transformación en empresas de valor.
A segunda edición da BFClimaTech recibiu máis de corenta propostas aliñadas coa resolución dos sete retos expostos, das cales, 15 foron seleccionadas hoxe, tras a súa proba eliminatoria celebrada esta semana en Santiago de Compostela. A gran maioría delas proceden de startups galegas, pero tamén se atopan iniciativas de Asturias, Aragón, Barcelona, Cádiz, Castelló da Plana e Madrid.
O programa consta de tres itinerarios de apoio aos proxectos en función do seu grao de desenvolvemento: incubación, para os proxectos máis incipientes; aceleración, para aqueles que xa teñen unha solución viable; e consolidación, para os que se atopan en situación de ampliar negocio e mercado.
Durante o próximos nove meses, BFClimaTech achegará a estas iniciativas plans adaptados ás súas necesidades; recursos técnicos e económicos; formación; e contacto con clientes potenciais, entidades de investimento e outros axentes do ecosistema.
Agroamb, Coregal, Emalcsa, Finsa, Gestán Conteco, Sogama, Valtalia, Vertex Bioenergy, Viaqua uníronse a esta iniciativa como empresas tractoras. Aportarán coñecemento, dedicación e recursos, tanto á dinamización da aceleradora como á mentorización dos proxectos.
Selección de proxectos da II edición
O Consello de Entidades da Business Factory ClimaTech, composto por representantes das entidades tractoras, científicas e de investimento, foi o encargado de avaliar aos proxectos, mentres que o Consello Executivo, composto por representantes de Viratec e Igape, ratificou a elección dos 15 proxectos que participarán na segunda edición da aceleradora:














