BFClimatech

I EDICIÓN

Coñece os proxectos seleccionados e o seu ecosistema

Proxectos seleccionados

Bioaqua

Este proxecto céntrase nun aditivo biolóxico deseñado para reducir contaminantes na auga, como unha solución innovadora ante a crecente contaminación e a necesidade de reutilizar recursos hídricos. Este aditivo prodúcese mediante métodos sostibles que minimizan o seu impacto ambiental.

Reto: En prol da circularidade e sostibilidade dos usos da agua

Modalidade: Incubación

Empresa tractora: Viaqua

Arraigo

Fabricación industrializada de estruturas residenciais sostibles de armazón lixeiro de madeira, guiándose por estándares pasivos para lograr vivendas neutrais en CO2.

Reto: Por una construcción con cero emisiones y circular

Itinerario: Consolidación

Empresa tractora: Pendiente de confirmar

Agrolinera

Redeseño do proceso de recollida de residuos gandeiros introducindo un novo elo na cadea de valor entre o gandeiro e a planta de valorización, conseguindo a rastrexabilidade mediante a dixitalización na recollida.

Reto: Avanzando na circularidade e descarbonización do sector primario: forestal, agrario, gandeiro e pesqueiro

Itinerario: Aceleración

Empresa tractora: Agroamb

Carbon Manager CO2

Ferramenta avanzada para medir, xestionar e reducir a pegada de carbono empresarial. O seu grao de innovación radica na automatización de cálculos, xeración de informes auditables e personalización de estratexias de redución de emisións, integrando datos desde ERPs facilitando a colaboración de toda a cadea de valor.

Reto: Dixitalización para a sostibilidade ambiental

Itinerario: Aceleración

Empresa tractora: Pendiente de confirmar

Wastex

Implementación dun modelo de intelixencia artificial que permita a categorización automatizada e obxectiva de residuos téxtiles demandados para a súa valorización. O proceso permite identificar o mellor punto de extracción do residuo téxtil, analizar os restos e definir as condicións óptimas que debe ter para a súa reúso e/reciclaxe.

Reto: Por un téxtil circular

Itinerario: Consolidación

Empresa tractora: Sogama

Retos

Os retos foron deseñados para abordar prioridades estratéxicas no ámbito das solucións ambientais e a economía circular, así como noutros sectores produtivos relacionados. Existe, con todo, unha demanda que se resume na necesidade de solucións para os seguintes campos:

  • Mitigación e adaptación ao cambio climático.
  • Protección dos recursos hídricos e mariños.
  • Promoción e implantación da economía circular e a prevención e control da contaminación.
  • Protección, restauración e rexeneración da biodiversidade e os ecosistemas.
  • Creación de novos modelos de negocio circulares.

Como impulsar a competitividade mellorando o desempeño ambiental e creando novas cadeas de valor?

Forman parte do reto temáticas como as seguintes:

  • Valorización e transformación de residuos en recursos enerxéticos, hídricos e novos materiais.
  • Agricultura, gandaría e silvicultura rexenerativa. Solucións para a redución da pegada ambiental (carbono, hídrica e ecolóxica).
  •  

Como garantir a dispoñibilidade de materias primas críticas e conseguir modelos produtivos circulares e eficientes?

Forman parte do reto temáticas como as seguintes:

  • Facilitación da simbiose industrial.
  • Valorización e transformación de residuos en recursos enerxéticos, hídricos e novos materiais.
  • Tecnoloxías e minaría urbana para a recuperación de materias primas (raw materiais).
  • Solucións para reducir o uso de materiais críticos en alta tecnoloxía.
  • Novos materiais avanzados.
  • Ecodeseño.
  • Descarbonización e combustibles renovables.

Como mellorar o desempeño ambiental do ciclo integral da auga?

Forman parte do reto temáticas como as seguintes:

  • Ferramentas para a dixitalización do ciclo da auga.
  • Solucións eficientes e sostibles para:
    • Abastecemento e saneamento no rural disperso.
    • Contaminación difusa.
    • Caudais ecolóxicos.
    • Redes de colectores.
  • Biofactorías: novas tecnoloxías de tratamento e depuración e valorización de residuos en recursos enerxéticos e novos materiais.

Como mellorar o desempeño ambiental do sector téxtil apostando pola circularidade?

Forman parte do reto temáticas como as seguintes:

  • Desenvolvementos para promover unha segunda vida das pezas a nivel C2B, C2C
  • Desenvolvementos tecnolóxicos para a valorización de residuos téxtiles ou a utilización de residuos para a fabricación de novas materias primas e packaging (plásticos, papel e cartón…).
  • Desenvolvemento de novos materiais máis duradeiros ou con menor impacto ambiental ao final da súa vida útil.
  • Solucións para a redución da pegada ambiental (carbono, hídrica e ecolóxica).

Como minimizar as emisións e o consumo de recursos dos materiais de construción e procesos construtivos?

Forman parte do reto temáticas como as seguintes:

  • Materiais construtivos circulares e renovables.
  • Edificios e infraestruturas de consumo de enerxía cero.
  • Reciclado e valorización de residuos do sector (RCDS) e doutros sectores (escorias, cinzas, plásticos etc.)

Como crear espazos urbanos e comunidades máis saudables e circulares?

Forman parte do reto temáticas como as seguintes:

  • Comunidades enerxéticas.
  • Renaturalización das cidades.
  • Sistemas de mobilidade sostible.
  • Refuxios climáticos.
  • Reutilización de residuos municipais.
  • Ordenación sostible.

Como utilizar Tecnoloxías Facilitadoras Esenciais para avanzar cara unha economía eficiente e de baixas emisións?

Forman parte do reto temáticas como as seguintes:

  • Ferramentas de trazabilidade e monitorización e análise de datos ambientais.
  • Dixitalización de solucións ambientais.
  • Redución da pegada de carbono na utilización das TIC.
  • Novas tecnoloxías disruptivas aplicadas.
  • Algoritmos verdes.

Consello Executivo

O Consello Executivo de BF ClimaTech está composto pola Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Axencia Galega de Innovación (Gain) e a Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Pechado (XesGalicia), xunto ao Clúster de Solucións Ambientais e Economía Circular (Viratec), que ostenta a máxima responsabilidade do programa.

Consello de Entidades

O Consello de Entidades, conformado por empresas tractoras e outras organizacións como centros de coñecemento e entidades especializadas en investimento, representa o interese do sector das solucións ambientais e a economía circular e doutros sectores relacionados.

Empresas tractoras

BF ClimaTech conta coa participación de empresas e entidades públicas e privadas relacionadas coas tecnoloxías e solucións ambientais de Galicia,  que achegan coñecemento, dedicación e recursos, tanto á dinamización da aceleradora como á mentorización dos proxectos participantes.

Investidores

BF ClimaTech conta co respaldo de grupos e fondos de investimento privados que proporcionan non só o apoio económico para o desenvolvemento dos proxectos, senón acceso a redes estratéxicas, recursos especializados e asesoramento personalizado para potenciar a súa consolidación e escalado.

Calendario