BFClimatech

BF ClimaTech participará en Atlantic Green Hub achegando solucións para a transición ecolóxica

Publicado o 09 Outubro 2025

A Business Factory ClimaTech (BF ClimaTech) participará en Atlantic Green Hub, un encontro que conectará a empresas e institucións coas solucións máis innovadoras e eficientes para facelas máis competitivas e acelerar a transición ecolóxica. Más de 15 startups participantes na BF ClimaTech presentarán as súas propostas os días 23 e 24 de outubro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Un evento estratéxico para a transición ecolóxica

Atlantic Green Hub configúrase como un punto de encontro pioneiro para empresas e institucións que buscan acelerar a súa transición ecolóxica. O obxectivo do evento é conectar demanda tecnolóxica con solucións innovadoras que reforcen a competitividade nun contexto onde a sostibilidade se converte en panca central do crecemento empresarial.

Durante estas dúas xornadas, as startups de BF ClimaTech expoñerán os seus proxectos fronte a un público diverso —empresas de distintos sectores, institucións públicas e privadas, centros tecnolóxicos, universidades e investidores— con interese en integrar a sostibilidade ambiental nas súas estratexias.

Que achegan as startups de BF ClimaTech

As startups de BF ClimaTech achegan solucións innovadoras para acelerar a transición ecolóxica en ámbitos como:

  • Revalorización de residuos en materiais sostibles para distintos sectores
  • Xestión intelixente de residuos e economía circular
  • Medición e redución de pegada de carbono e impacto ambiental
  • Rastrexabilidade e monitorización ambiental con tecnoloxías avanzadas
  • Innovación en comercio sostible

Cada proxecto busca responder a retos reais do mercado, con enfoque práctico e escalable. No Atlantic Green Hub atoparán un escenario ideal para darse a coñecer, xerar alianzas e inspirar novas liñas de colaboración.

Sobre Atlantic Green Hub

Atlantic Green Hub inclúe conferencias, espazos de networking, presentacións de proxectos e mesas redondas enfocadas na sostibilidade e a innovación. O evento nace do compromiso de Viratec e Aclima por integrar o medio ambiente como factor clave de competitividade en todas as empresas. Este espazo de conexión, negocio e intercambio de ideas xorde froito da experiencia de ambas as agrupacións industriais ambientais e aspira a converterse nun encontro de referencia para avanzar cara a unha economía máis moderna, eficiente e competitiva.