BFClimatech

BF ClimaTech inaugura a segunda edición cunha xornada coas empresas tractoras e as startups

Publicado o 24 Abril 2025

A Bussiness Factory ClimaTech organizou esta mañá, no Biopolo Sionlla (Santiago de Compostela), unha xornada de onboarding para dar comezo a súa segunda edición. As empresas tractoras (Agroamb, Coregal, Emalcsa, Finsa, Gestán Conteco, Sogama, Valtalia, Vertex Bioenergy e Viaqua coñeceron os proxectos que mentorizarán durante os próximos nove meses.

Neste encontro participaron o Consello Executivo ( Viratec, Igape y XESGalicia), e presentáronse as entidades científicas (AIMEN, ANFACO-CECOPESCA, CTAG, Cetaqua , CETIM, Climate KIC, ITG Technology Center, CRETUS, Universidade da Coruña e Universidade de Vigo) e inversoras (Noso Capital, Innpact, Ship2B Ventures, Open Value Foundation) da aceleradora.


Proxectos seleccionados no programa de Incubación
• Fitting Labs persegue transformar a experiencia de compra de calzado en liña cun probador virtual baseado en IA que mide o pé do usuario desde o móbil, acerta coa talla e reduce devolucións, contribuíndo así a diminuír as emisións de CO₂ no comercio dixital.
• STUARI.IO é un xemelgo dixital que monitoriza en tempo real parámetros ambientais clave para anticipar eventos climáticos que afectan o cultivo do mexillón, axudando a predicir riscos como a baixada da salinidade ou a aparición de toxinas nas bateas.
• La Tribu Verde está interesada en desenvolver un software de medición do impacto ambiental para o sector audiovisual, que acompaña ás produtoras na redución de residuos, cálculo de pegada de carbono e uso eficiente de recursos, co obxectivo de descarbonizar a industria sen comprometer a creatividade.
• Traza Circular é unha solución dixital integral que transforma a rastrexabilidade agroalimentaria ao combinar coñecemento do sector con tecnoloxía avanzada (IoT, blockchain e IA), axilizando, democratizando e escalando a xestión da calidade para potenciar unha produción máis sostible e circular.


Proxectos seleccionados no programa de Aceleración
• LEVOX é unha plataforma dixital que aplica análise de datos e intelixencia artificial para a xestión circular das baterías, maximizando a súa vida útil e rendemento.
• RUDI persegue transformar residuos téxtiles e residuos de placas de xeso laminado en materiais co fin de impulsar unha construción máis eficiente, sostible e con menor pegada de carbono, reducindo o impacto ambiental e fomentando a economía circular en dous sectores crave: o téxtil e a construción.
• Material Innovation Hub. O proxecto persegue valorizar as cinzas da industria madeireira para a súa incorporación no deseño de mobiliario e materiais sostibles de alta gama para o sector HORECA e Retail. Aúna I+D, deseño industrial e produción local.
• BAGAZYMES converte o bagazo de cervexa nun mejorante natural para panadería mediante fermentación en estado sólido, logrando produtos máis nutritivos, duradeiros e sen aditivos, mentres impulsa a bioeconomía circular e reduce o desperdicio agroalimentario na industria.
• Greenspire 360 é un sistema de agricultura vertical modular e sostible que produce máis en menos espazo, con menos auga e sen perder calidade. O seu deseño permite colleitas todo o ano, mesmo en climas extremos, impulsando a descarbonización alimentaria e o uso eficiente do chan.
• Labre Gando mellora a xestión do xurro mediante aditivos que reducen emisións e facilitan a súa manexo, apostando por solucións biotecnolóxicas avanzadas e circulares a partir de subproductos agroindustriais reducindo así a emisión de gases de efecto invernadoiro.
• Bima ofrece solucións avanzadas para optimizar o uso dos recursos mariños en sectores como a pesca, a acuicultura ou o turismo, combinando sistemas de información xeográfica, análise de datos e consultoría para unha xestión máis eficiente, sostible e intelixente do medio mariño.
• Sekond impulsa a circularidade téxtil abordando a reutilización, a reparación, o upcycling e a reciclaxe de residuos desde unha visión integral de toda a cadea de valor. As súas solucións converten excedentes en oportunidades, reducen custos e optimizan recursos.


Proxectos seleccionados no programa de Consolidación
• El Hub de Recarga Inteligente de Wattson Smart Charging
electrifica frotas de recollida de residuos con carga modular. Ofrece unha xestión enerxética intelixente e integra de IoT, reducindo emisións e custos. Trátase de solución escalable que acelera a descarbonización urbana e maximiza o uso de renovables.
• Beflamboyant é unha marca de calzado vegano e sostible que aposta pola moda consciente e circular, reutilizando materiais como millo, mazá, piña e residuos plásticos mariños para crear produtos circulares e contribuír á descarbonización do sector.
• Wim Studio. A proposta de WIM Studio combina xeso reciclado, cuncha mariña, resina de piñeiro e téxtiles para xerar solucións circulares en mobiliario, revestimento e decoración. O seu potencial para substituír materiais virxes abre novas oportunidades de emprego e sustentabilidade na construción.


No marco da xornada tivo lugar un relatorio da man de Carla Piñeiro, directora Financeira de Inova, sobre o ecosistema das solucións ambientais de Galicia.