BFClimatech

BF ClimaTech clausura a súa I edición en Santiago de Compostela

Publicado o 03 Xullo 2025

A aceleradora ambiental impulsada polo Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (Viratec) e a Xunta de Galicia, Business Factory ClimaTech, celebra o vindeiro venres 18 de xullo, no Biopolo Sionlla, o acto de clausura da primeira edición, baixo o título ‘Ideas que transforman Galicia’.

Para asistir a esta xornada é imprescindible inscribirse aquí.

PROGRAMA

9:30 h.- Recepción de asistentes

10:00 h.- Benvida institucional:

  • Josefa de León, presidenta de Viratec
  • Covadonga Toca, directora xeral de Igape

10:15 h.- Mesa redonda de startups da I edición da BF ClimaTech

10:45 h.- Entrega de diplomas a startups

11:00 h.- Clausura

11:05 h.- Cóctel. Networking en movemento