BFClimatech

Acto de presentación da II edición da BF ClimaTech

Publicado o 07 Febreiro 2025

Viratec presentará a segunda edición da Business Factory (BF) ClimaTech, a primeira aceleradora de empresas do ámbito ambiental e a economía circular de Galicia, en colaboración coa Xunta de Galicia, o vindeiro 21 de febreiro, ás 10:30 h., na sala Eisenman da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela).

A BF ClimaTech é un programa que serve para minimizar o período de desenvolvemento e maximizar as probabilidades de éxito de proxectos de emprendemento innovador que ofrezan novas propostas no sector ambiental e sectores conexos.

O prazo para inscribirse na segunda edición pechará o vindeiro 28 de febreiro de 2025. Consulta aquí as bases para a presentación de candidaturas.

Gustaríache asistir ao acto de presentación? Inscríbete

PROGRAMA

10:15 h. Recepción asistentes
10:30 h. Benvida institucional

– Josefa de León, presidenta de Viratec
10:40 h. Presentación da II edición da BF ClimaTech
– Ana Botas, xerente de Viratec
10:50 h. Presentación dos desafíos das entidades tractoras
– Mesa redonda con representantes das entidades: Coregal, Finsa, Grupo Gestán, Sogama, Valtalia, Vertex e Viaqua
11:30 h. Experiencia de proxectos da I edición
– Verónica Menéndez, representante de Agrolinera
– Axel Plaza, representante de Wastex

11:45 h. Discurso institucional
– Covadonga Toca, directora xeral do Igape
11:55 h. Peche da xornada
12:00 h. Café-Networking