BFClimatech

A BF ClimaTech celebra o Investor’s Day e a Clausura da súa II edición

Publicado o 08 Xaneiro 2026

A Business Factory (BF) ClimaTech, a aceleradora galega do sector ambiental promovida pola Xunta de Galicia e o Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (Viratec), celebrará o vindeiro 20 de xaneiro o evento Investor’s Day e Clausura da II edición.

O encontro terá lugar no Biopolo A Sionlla, en Santiago de Compostela, en horario de 9:30 a 14:00 horas, e servirá como punto final dunha edición orientada a impulsar proxectos innovadores con impacto positivo no medio ambiente e no desenvolvemento económico de Galicia.

Un espazo de encontro entre startups e investimento

Ao longo da xornada, presentarase unha selección de fondos de investimento e celebrarase a sesión de pitches das startups aceleradas na segunda edición, que compartirán a evolución dos seus proxectos tras a súa participación no programa. O evento rematará coa entrega de diplomas aos 15 proxectos participantes, culminando así un proceso de acompañamento centrado no crecemento, a profesionalización e a conexión co mercado.

A través deste Investor’s Day, a BF ClimaTech reforza o seu papel como plataforma de encontro entre emprendemento, investimento e coñecemento, promovendo a innovación ambiental como panca de competitividade e transformación do tecido produtivo galego.

Programa:

09:30 – 09:45 h | Rexistro e recepción de asistentes

09:45 – 10:00 h | Benvida a cargo de Viratec

10:00 – 10:30 h | Presentación de fondos de investimento

10:30 – 11:00 h | Pausa café

11:00 – 13:45 h | Pitches das startups aceleradas

13:45 – 14:00 h | Peche

As inscricións ao evento son exclusivas para as entidades participantes na Business Factory ClimaTech e asociadas a Viratec, Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular.