Programa de incubación, aceleración e consolidación de proxectos do sector ambiental de Galicia
Que es
BF ClimaTech
BF ClimaTech é unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (Viratec). Busca atraer e apoiar proxectos innovadores, tanto nacionais como internacionais, para facer fronte aos retos do sector ambiental e da economía circular nunha contorna global.
Obxectivos
O propósito de BF ClimaTech é desenvolver tecnoloxías que teñan un impacto positivo no clima e o medio ambiente mediante o apoio a proxectos de emprendemento innovador do sector ambiental, así como de sectores conexos, e a súa transformación en empresas de valor que sexan transformadoras, viables e escalables.
Os retos expresan as necesidades de innovación e emprendemento do sector das solucións ambientais e a economía circular en Galicia, e están definidos polo Consello de Entidades de BF Climatech. Os proxectos candidatos deben responder a algún deles para ser considerados no proceso de selección.
Avanzando na circularidade e descarbonización do sector primario: forestal, agrario, gandeiro e pesqueiro.
Avanzando na circularidade e descarbonización das materias primas e a industria.
En prol da circularidade e sostibilidade dos usos da auga.
Por un téxtil circular.
Os desafíos son problemáticas concretas que, enmarcadas nalgún dos retos, presentan as empresas tractoras de BF ClimaTech. Os proxectos candidatos, ademais do deber de presentarse a un reto, teñen a opción de postularse para un desafío, o que pode aumentar as súas posibilidades de selección.
Asociado ao Reto 1
Aproveitamento de coproductos vexetais derivados da fermentación alcohólica
Asociado ao Reto 2
Novos materiais con baixa pegada de carbono que incorporen cinzas de biomasa
Asociado ao Reto 2
Cinzas de biomasa en materiais xa existentes, como elemento sustitutivo doutras materias primas de maior pegada de carbono
Asociado ao Reto 3
Tecnoloxías para eliminar metais pesados e contaminantes emerxentes en lodos
Asociado ao Reto 4
Tecnoloxías para recuperar material téxtil da fracción de resto (bolsa negra)
Asociado ao Reto 5
Tratamento e transformación de residuos de placas de xeso laminado
Asociado ao Reto 6
Solucións innovadoras para o deseño e fabricación de contedores de residuos urbanos, sostibles, integrados coa contorna, funcionais e resilientes
Asociado ao Reto 6
Materiais para envasado a partir de residuos de envases tipo brick
BF ClimaTech ofrece tres itinerarios específicos de apoio aos proxectos en función do seu grado de desenvolvemento:
Incubación
Aceleración
Consolidación
Saída comercial
BF ClimaTech especializase en lograr que os proxectos participantes se integren e consoliden a súa posición no sector ambiental, así como en sectores conexos, tanto en Galicia como nos ámbitos nacionais e europeos.
Mentorización
Cada un dos proxectos participantes conta cun mentor específico pertencente a unha das empresas tractoras de BF ClimaTech.
Formación
Ponse ao dispor dos proxectos participantes un programa de formación que se deseña caso por caso, segundo as necesidades concretas de cada un no relativo á adquisición de novas capacidades críticas.
Internacionalización
Os proxectos participantes dispoñen de oportunidades de introdución en mercados exteriores e reciben axuda para definir a súa vía de internacionalización.
Servizos e infraestruturas
Os proxectos participantes teñen acceso ao catálogo de infraestruturas e servizos do sector das solucións ambientais e a economía circular en Galicia.
Titorización e coaching
Atendendo ás súas necesidades concretas, cada un dos proxectos participantes recibe a guía dun titor experimentado en emprendemento e de coaches especializados en aspectos clave.
Financiación
Todos os proxectos participantes poden empregar instrumentos de financiamento específicos e recibirán apoio para o acceso a fontes de financiamento adicionais públicas e privadas.
Networking
Os proxectos da BF ClimaTech teñen á súa disposición unha extensa rede de contactos que se dinamizará mediante eventos específicos cos que enriquecer as súas respectivas axendas e facilitar o seu crecemento.